O concello non financiará o acto do Capítulo Serenísimo e aforrará 20.000 euros

    CAMBADOS> O concello de Cambados non financiará o acto de investidura de Donas e Cabaleiros da Festa do Albariño. A negativa do Capítulo Serenísimo a trasladar o evento á Praza de Fefiñáns provocou esta ruptura co goberno local, que insiste na súa aposta pola despolitización da festa. Con esta decisión, o cuatripartito aforrará 20 mil euros, que destinarán a mellorar a seguridade e a limpeza durante a festa  grande de Cambados. Adiantaron, ademais, que para o vindeiro ano a intención é que o Albariño estea organizado por un padroado.

     

    Os cartos para pagar a investidura dos Cabaleiros e Donas da Festa do Albariño non sairán das arcas públicas. O plan de seguridade do concello non convenceu ao Capítulo Serenísimo para trasladar o acto á praza de Fefiñáns, polo que o goberno local se desvincula da organización.

    O concello aforrará 20 mil euros que investirán na mellora da seguridade e a limpeza durante a Festa do Albariño. 

    O goberno local si se encargará da organización do desfile ata o Pazo de Fefiñáns, no que non participarán autoridades políticas. E é que a intención é despolitizar a festa.

    O goberno tamén aforrará no Xantar, que o ano pasado custou máis de 32.000 euros; 23 mil das arcas municipais. O concello só convidará aos cabaleiros nomeados este ano, e non aos de edicións anteriores. Tamén se reducirán as invitacións políticas.

    O cuatripartito tampouco gastará os 60 mil euros que viña custando a celebración da Gala.

    De cara o vindeiro ano, a intención é que a Festa do Albariño estea organizada por un padroado. O órgano estaría composto por diferentes colectivos, o que obrigaría a ter en conta distintas sensibilidades para facer unha festa a gusto de todos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/23/novidades_albarino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/23/novidades_albarino.mp4{/flowplayer}