Pontevedra> Sentencia firme para o parricida de Moraña que asasinou brutalmente as súas dúas fillas. A maxistrada condenou, no momento e na propia sala, á pena de prisión permanente revisable a David Oubel. Trátase do primeiro español ao que se lle impón esta medida recollida na última reforma do Código Penal. O xurado popular leu esta mañá o seu veredicto declarando por uninimidade a culpabilidade de asasinato con aleivosía de David Oubel. Unha xornada onde o fiscal do caso, Alejandro Pazos, non puido contener a emoción tralo veredicto do xurado popular. As declaracións claras e contundentes dos últimos días durante este xuízo fixeron que Nélida Cid, a maxistrada da sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, dictase a sentenza na propia sala, algo pouco habitual, condenando a David Oubel á pena de prisión permanente revisable. Trátase do primeiro español ao que se lle impón esta medida recollida na última reforma do Código Penal. A maxistrada, impón ademais en concepto de responsabilidade civil unha indemnización de 300 mil euros para a nai das nenas á que non poderá achegarse a menos dun quilómetro nin comunicarse con ela por ningún medio con durante 30 anos.
Inicio CALDAS