A directora xeral de Xuventude visita o campo de traballo de Outes

    OUTES> Na actividade, que se desenvolveu na denominada Horta do Muíño, participaron un total de vinte voluntarios chegados dende diferentes países. Acompañada da xefa territorial da consellería de Traballo e Benestar na Coruña, Begoña García, e polo propio alcalde de Outes, Carlos López Crespo, a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou parte dos traballos que se estiveron a acometer nas inmediacións da Horta do Múiño no marco dun campo de traballo organizado pola Xunta no que están a participar uns vinte mozos chegados dende diferentes comunidades autónomas e tamén doutros países europeos, como é o caso de Bélxica, Italia, Francia ou Rusia. O traballo desenvolvido por estes mozos foi tamén destacado polo alcalde, Carlos López Crespo. Segundo el a súa implicación permitiu recuperar un espazo natural de gran beleza para disfrute de veciños e visitantes. Á par do traballo os mozos participantes neste campo de traballo tamén realizan outras actividades paralelas e de lecer, polo que a experiencia para eles está a resultar do máis agradable.