Fabiola García xa exerce coma nova conselleira de Política Social

BARBANZA> Esta mañá tomaba posesión do seu novo cargo xunto coas outras dúas caras novas do Goberno, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, e o conselleiro de Medio Rural, José González. Este é o momento no que a nova conselleira de Política Social, Fabiola García, tomaba posesión do seu novo cargo. Facíao pola fórmula do xuramento ante a atenta mirada do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Xunto a ela outras dúas caras novas, a da conselleira de Educación, Carmen Pomar, e a do conselleiro de Medio Rural, José González. Non serán os únicos cambios. Outros tres conselleiros viron tamén reordenadas as súas competencias. Román Rodríguez, asume Cultura e Turismo; Ethel Vázquez quédase unicamente coa consellería de Infraestruturas e Ángeles Vázquez pasa a Medio Ambiente. Foi un acto tamén de despedidas. A de Beatriz Mato e José Manuel Rey Varela que deixan os cargos en Medio Ambiente e Política Social, para dedicarse a preparar o seu asalto ás alcaldías da Coruña e Ferrol respectivamente. Tras a toma de posesión, o novo Goberno celebrou, como é habitual tódolos xoves, o seu primeiro Consello da Xunta.