RIANXO> Acompañado da deputada de Política Social, Mar García, e o propio alcalde, Julián Bustelo, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, deu a coñecer esta mañá os datos do Plan de Servizos Sociais Comunitarios do organismo provincial para este 2024 na comarca de Barbanza.
González Formoso destacou o esforzo que realiza a institución porovincial, a pesar de que non ter as competencias na materia.
O alcalde, Julián Bustelo, agradeceu a visita do presidente da Deputación, poñendo en valor a axuda que lle presta o organismo provincial ós concellos para poder manter este importante servizo.
Posteriormente o presidente provincial, xunto co alcalde, mantivo tamén unha reunión coas traballadoras dos servizos sociais municipais e do Servizo de Axuda no Fogar da localidade para coñecer de primeira man as súas principais necesidades.