NOIA> Un ano máis, o concello de Noia e Noia Histórica poñen en marcha as visitas guiadas polo casco histórico. Súmase este ano á oferta turística, a posibilidade de realizar rutas de sendeirismo dous sábados de cada mes.
Como cada verán, Noia ofrecerá ós seus visitantes a posibilidade de afondar na súa historia a través das visitas guiadas polo casco vello. Serán tódolos xoves e venres ás doce da mañá con saída dende a praza do concello. Trátase dunha ruta circular, de aproximadamente hora e media de duración, con paradas nos puntos máis emblemáticos da vila.
O concello oferta tamén este ano rutas de sendeirismo ligadas ó mar e á paisaxe que se desenvolverán cada dous sábados.
O prezo das visitas guiadas será de tres euros que se poden reinvertir nos establecementos asociados a Noia Histórica. Establécese un número limitado de 30 prazas polo que é preciso realizar reserva previa ante a gran afluencia de xente que participa nesta iniciativa.











