Aparecen pintadas en varios edificios de Portosín

PORTO DO SON> Como lle sentaría que dun día para outro a fachada da súa vivenda aparecese chea de pintadas? Pois iso mesmo é o que deben de estar a pensar os propietarios de varias vivendas e edificios en Portosín que hai uns días sufrían o ataque dos vándalos. A Garda Civil está a investigar a posible autoría dos feitos, xa que algúns afectados decidiron presentar a correspondente denuncia no cuartel. As pintadas non só apareceron en propiedades privadas, senón que afectaron tamén a varios edificios públicos. Todo apunta a unha posible trasnada. Aínda así, dende o Concello mostraron tamén o seu malestar por este tipo de feitos, sinalando que ademais da mala imaxe que isto produce, a súa eliminación supón un importante gasto para as arcas municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí