O novo goberno bipartito da Deputación será un 45% máis barato

PONTEVEDRA> O novo goberno da Deputación de Pontevedra será un 45% máis barato que o anterior. Esta mañá, o bipartito conseguiu sacar adiante a súa nova estrutura de organización nun pleno no que contou co apoio do Partido Popular e a abstención do representante de Son-Marea Vigo.

Na sesión destacou especialmente a ausencia do anterior presidente da institución provincial, o deputado popular Rafael Louzán. Segundo o novo regulamento, os plenos pasarán a ser o último venres de cada mes ás doce horas. As comisións serán os venres anteriores aos de pleno, reducíndose das trece do mandato anterior ás 10 actuais. As dedicacións exclusivas aumentan respecto do goberno de Rafael Louzán: de catro pasan a cinco, con dúas para o equipo de goberno, incluída a da presidenta, e tres para o Partido Popular. Si que se reduce o persoal do gabinete de presidencia, que pasar de dez a sete persoas. No seu compromiso por dotar a todos os partidos para exercer o seu labor, o Partido Popular contará con tres administrativos, o PSOE con dou e o BNG con un.