Núñez Feijóo e Fernández Lores liman asperezas e trazan unha axenda de proxectos

SANTIAGO> Esta mañá celebrouse en San Caetano o anunciado encontro entre o presidente da Xunta e o alcalde de Pontevedra. Na xuntanza ambos dirixentes trazaron unha axenda de actuacións que debe estar marcada pola colaboración entre as institucións. De feito, aproveitaron o encontro para limar asperezas do pasado na relación entre Xunta e concello. Entre os anuncios, non puido faltar o novo edificio xudicial: segundo Núñez Feijóo, a intención é sacalo a licitación nas videiras semanas.

 

Fernández Lores asistiu ao seu encontro co presidente da Xunta co obxectivo de limar asperezas. Segundo o rexedor capitalino, a relación entre o goberno autonómico e o local non foi a mellor nos últimos tempos. Hoxe, trala reunión con Alberto Núñez Feijóo, expresaba o seu desexo de que mude a situación.

Núñez Feijóo negou que os intereses políticos estean detrás de calquera tirantez na relación con Pontevedra. Ademais, o presidente autonómico aproveitou para anunciar a próxima licitación do novo edificio xudicial.

No encontro, Núñez Feijóo e Fernández Lores acordaron colaborar para levar adiante a variante de Alba e a continuación do paseo do río dos Gafos, a prol da seguridade viaria e das melloras no Camiño Portugués. Sobre a antiga sé da Xunta en Benito Corbal, déronse un prazo de tres meses para volver abordar a posible cesión ao concello para a instalación do viveiro de empresas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/27/reunion_feijoo_lores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/27/reunion_feijoo_lores.mp4{/flowplayer}