A primeira senteza xudicial mantén o desafiuzamento contra o baixo comercial do edificio de Barro

BARRO> Primeira sentenza desfavorable contra un dos baixos do edificio de Barro en risco de desafiuzamento. O xulgado de Caldas mantén a orde de desaloxo a un dos baixos do inmoble. A sentenza é un pau para os veciños afectados nun momento importante, en plenas negociacións coa Sareb.

A veciñanza de Barro en risco de desafiuzamento dá un paso atrás nas súas pretensións trala primeira sentenza xudicial. Os xulgados de Caldas fallan contra a alugada do baixo comercial do inmoble obrigándoa a pagar as costas e a desaloxar o espazo. Aínda así, a veciña denuncia que a sentenza ten erros.

A sentenza é un pau duro para toda a veciñanza en orde de desafiuzamento, xa que nestes momentos se atopan en negociacións coa Sareb.

Precisamente o mércores, un perito da Sarbeb irá a peritar os pisos.

De feito algunha veciña asegura que non permitirá que a Sareb perite o seu piso.

O que si que farán os veciños unha vez que se resolvan as demandas individuais e a situación das súas vivendas é acudir de forma colectiva aos tribunais para denunciar colectivamente por estafa ao antigo propietario dos inmobles.

A pesar da sentenza, os afectados non deixarán as súas mobilizacións. As manifestación continuarán e incluso viaxarán a Madrid para protestar no congreso dos deputados.