Novo premio internacional á mobilidade de Pontevedra

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra viaxará este xoves a China, concretamente a cidade de Shenzhen, para recoller un novo premio na categoría de mobilidade amable a peóns e ciclistas. Unha viaxe na que o rexedor tamén se trasladará a Pekín para ofrecer unha conferencia sobre o modelo urbano da cidade do Lérez. Dous encontros internacionais, que segundo Lores, amosan que Pontevedra está no punto de mira de moita xente. 

 

Este xoves a delegación de Pontevedra, encabezada polo alcalde da cidade, vixará a China para recoller e Shenzhen un novo premio á mobilidade amable para peóns e ciclistas en Pontevedra. 

Un premio internacional importante e unha viaxe onde o alcalde tamén viaxará a Pekín convidado a ofrecer unha conferencia sobre o modelo urbano da cidade do Lérez. 

Dous eventos internacionais que, segundo Lores, axudan a dar un novo chanzo dentro da proxección da cidade. Dúas citas que amosan unha vez máis que Pontevedra está internacionalmente no punto de mira de moita xente. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/05/premio_china_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/05/premio_china.mp4{/flowplayer}