As denuncias por violencia machista aumentaron un 24% na provincia de Pontevedra

PONTEVEDRA> A Subdelegada do Goberno presidiu esta mañá a Xunta Provincial de Seguridade na que estiveron presentes os máximos responsables dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Nesta reunión analizáronse os datos relacionados coas actuacións policiais na provincia. Unhas cifras que sitúan a Pontevedra moi por debaixo da media nacional en número de infraccións pero que deixan un aumento nas denuncias por violencia machista.

Pontevedra é unha provincia segura e así o confirman os datos presentados esta mañá na Xunta Provincial de Seguridade. Segundo informou a Subdelegada do Goberno o número de infraccións por cada mil habitantes sitúase en Galicia e, sobre todo, en Pontevedra, moi por debaixo da media nacional.

Maica Larriba quixo destacar tamén o importante incremento de denuncias por violencia machista. No primeiro trimestre do ano rexistráronse 592 casos, 116 máis que no mesmo período do ano pasado.

Neste eido, a Subdelegada do Goberno fixo fincapé en que cada vez son máis as mulleres maiores de 60 anos que deciden denunciar.

Na Xunta Provincial tamén se barallaron os datos relacionados coa seguridade viaria. Unhas cifras que demostran un incremento de actuacións da Garda Civil de Tráfico con maiores controis de alcoholemia e de consumo de sustancias estupefacientes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí