“Hai unha dificultade técnica á hora de instalar pantallas xigantes nas festas da Peregrina”

PONTEVEDRA> As Festas da Peregrina deixan unha valoración máis que positiva entre o goberno municipal. Prazas desbordadas de xente, locais cheos e unha fin de semana sen incidencias destacables. A Praza de España estivo repleta de público en todos os concertos, en especial durante o de Rozalén, o de Beret e o de Lola Índigo.

“Mellor imposible”. Así valorou esta mañá a concelleira Carme da Silva, as Festas da Peregrina. Unhas festas que encheron de xente todas as prazas da cidade, en especial a de España durante os concertos de artistas como Rozalén, Beret ou Lola Índigo.

Ademais do éxito de participación, o goberno municipal valorou positivamente os datos rexistrados nos controis de alcoholemia. Dos 1.300 que se fixeron, soamente houbo 13 positivos.

A concelleira de Festas non quixo pasar por alto as peticións da cidadanía para os vindeiros anos. Entre elas, a máis esixida foi a instalación de pantallas xigantes.

As peregrinas remataron pero en Pontevedra continúa a programación de festas. A intención do Concello é que este xoves estea xa todo desmontado para poder comezar a montar a seguinte, a Feira Franca.