A festa da Dorna si será este ano festivo local en Ribeira

    RIBEIRA> A proposta presentada pleno polo BNG saíu adiante cos votos a favor dos nacionalistas e do resto dos grupos da oposición: IPdeR, Partido Socialista e Ciudadanos. Tratábase dunha reclamación de vello que viñan realizando diferentes grupos políticos e entidades da localidade, entre elas a propia Confraría da Dorna, asociación organizadora deste orixinal festexo. A pesar das reiteradas demandas, o executivo local, ata o de agora con maioría na corporación, optaba por elixir finalmente outras datas coma festivos locais, como é o caso do luns de entroido ou a propia patroa, Santa Uxía. Os cambios producidos a raíz das últimas eleccións municipais coa maioría de representación nos grupos da oposición propiciou o ‘agardado’ cambio e a elección do 24 de xullo coma festivo local para 2016. A nova foi moi ben acollida polos ribeirenses, en especial pola directiva da Confraría da Dorna. O recoñecemento da Dorna coma festivo local o ano que vén significará o empuxón definitivo desta peculiar celebración declarada festa de interese turístico galego.

    Comments are closed.