NOIA> Os mariscadores de Noia volveron hoxe á actividade tralo parón do Nadal. Fixérono con topes baixos que non custou acadar no caso do berberecho. Pola contra, a ameixa non abonda, especialmente a babosa e a fina.
O parón habitual da confraría de Noia trala campaña de Nadal chegou hoxe á súa fin. Os mariscadores volvían ó traballo coa incerteza do que poderían atoparse nos bancos tralas últimas riadas. Aínda que estiman que morreu o 30 por cento de marisco na zona intermareal e o 10 por cento nos bancos de a flote, as impresións desta xornada foron bastante boas. Hai berberecho pero non moi grande, sobre todo de terceira e cuarta.
Mentres que co berbecho non houbo dificultade, máis traballo custou apañar o tope de ameixa, especialmente de babosa fina.
A rendibilidade destas xornadas dependerá sobre todo dos prezos moi condicionados pola entrada de marisco foráneo.
Topes que nestas primeiras xornadas son de 4 quilos de berberecho, 3 de xapónica e babosa e 2 de fina. A intención da confraría é estender a campaña ata Semana Santa.











