RIBEIRA > O tema da ampliación do porto exterior de Ribeira segue a levantar polémica entre os distintos grupos políticos. A Consellería de Política Territorial ten prevista a realización dun estudo de viabilidade socioeconómica para determina-las actuacións en materia portuaria a realizar na comarca do Barbanza. O informe permitirá determina-la necesidade ou non do proxecto de ampliación do porto comercial de Ribeira.
A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, María Xosé Caride pon en dúbida a necesidade da ampliación do porto comercial de Ribeira. Neste sentido, o departamento que dirixe vai acometer un estudo de viabilidade socioeconómica co obxectivo de determinar os investimentos en infraestructuras portuarias necesarios para a comarca do Barbanza.
O documento pretende garanti-lo liderato no sector pesqueiro da conserva e mante-la puxanza económica da comarca dotándoa das infraestruturas necesarias e rexeitando aqueles proxectos de escasa viabilidade. Neste sentido, María Xosé Caride, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado barbanzán, Manuel Ruíz, sinalou que a ampliación da dársena exterior ribeiresa tería importantes efectos negativos. Entre eles, os danos causados ás pesquerías e bancos marisqueiros coas indemnizacións que conlevan e os danos medioambientas nos areais de Coroso.
Así mesmo, sinalou os grandes inveatimentos que supería a mellora dos accesos ó proto que verían incrementado en gran medida o tránsito para o transporte de mercancías.
Ademais de todos estes factores, a conselleira puxo en dúbida que o proxecto poida dar resposta ás necesidades de desenvolvemento económico da comarca, posto que contempla un aunmento do calado que impediría a súa utilización de cruceiros e grandes mercantes.
A titular de Obras Públicas quixo matizar que non se trata de paralizar dfinitivamente o proxecto senón de tomar decisións baseadas en datos obxectivos. Neste sentido, lembro a gravidade de realizar actuacións arbitrarias ou pouco fundamentadas que poidan hipotecar o futuro.
Redacción Barbanza