NOIA> A saída da actividade será os xoves e os sábados, ás doce da mañá, dende a oficina de información turística situada na Alameda. Por cuarto verán consecutivo Noia Histórica volverá a ofertar os xoves e sábados de agosto visitas guiadas por aqueles lugares e espazos da vila con maior atractivo. Trátase pois dunha actividade consolidade coa que a patronal noiesa busca potenciar o atractivo patrimonial de Noia, dándoo a coñecer tanto a veciños coma a forasteiros. A actividade será realizada cunha guía profesional, e nela poderán participar un máximo de 30 persoas. As saídas terán lugar os xoves e os sábados ás doce da mañá dende a oficina de información turística situada na Alameda. Terá un custe simbólico de dous euros que serán recuperables, xa que se devolverán cunha consumición en calquera establecemento asociado a Noia Histórica. A experiencia desta iniciativa que por cuarto ano pon en marcha Noia Histórica e moi boa. A procedencia da maioría dos turistas que participan nas visitas é de ámbito nacional, concretamente de comunicades coma Madrid, Cataluña ou o País Vasco.
Inicio Barbanza - Muros - Noia