A Xunta segue a insistir na intencionalidade da maioría dos incendios

    BOIRO> Segundo a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, son moitas as probas e os indicios que levan a pensar iso. Rosa Quintana incidiu ademais en que as queimas de restos agrícolas e forestais están prohibidas actualmente en Galicia debido ás condicións metereolóxicas existentes, polo que pedíu sentido común á cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade incendiaria.