Segue a busca de Manuela Lorenzo polos arredores de Bealo

    BOIRO> A pesar dos numerosos esforzos que realizan os efectivos que participan na busca de Manuela Lorenzo, a septuaxenaria boirense que desaparecía a pasada fin de semana da súa casa no lugar de Boimazán, nada se sabe polo de agora do seu paradoiro. Se nos primeiros momentos a busca da anciá se limitou ás proximidades da súa vivenda, agora o radio de rastrexo ampliouse un pouco máis, comprobando tamén varias parcelas da súa propiedade nas que puidera estar. No dispositivo de busca seguen a tomar parte varias patrullas da Garda Civil e Protección Civil de Boiro, así como tamén numerosos veciños da zona