Tino Fernández, pregoeiro das Festas de Ribeira

    RIBEIRA> O presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández, foi o encargado este ano de dar o pistoletazo de saída as festas do verán da localidade. O máximo responsable do conxunto herculino lembrou as vinculacións que lle unen a Ribeira, como o feito de ter sido adestrador do club de baloncesto do noso municipio na súa época dourada cando militaba na segunda división nacional. Tamén tivo palabras para os irmáns Fran e José Ramón González Pérez, o último dos cales aínda se ocupa hoxe de entrenar ó equipo xuvenil. As celebracións continuarán esta noite cunha gran verbena amenizada por Royal Orquestra de Galicia e a espectacular actuación de Brothers in Band, concerto tributo ós Dire Straits.