O peixe volve ás prazas tralo temporal con suba de prezos

    POBRA> As prazas de abastos volven recuperar a súa imaxe habitual tras varias xornadas baleiras debido ó temporal. Iso sí, os prezos do peixe notan a escaseza dos últimos días. A maioría das especies incrementaron unha media de dous euros o quilo.  

     

    A praza de abastos da Pobra volvía estar ateigada de veciños e veciñas con ganas de volver comer peixe, tras uns días nos que os mercados notaron o desabastecemento que provocou o temporal de finais da semana pasada. Aínda que o peixe volver encher os postos do mercado, os vendedoras aseguran que aínda se percibe a escaseza dalgunhas especies. E por consecuencia, isto déixase notar nos seus prezos. A xente hoxe buscaba peixe para modificar por fin o menú dos últimos días. Agora isto terminouse, e en moitos fogares hoxe tocou peixe. Aínda que o peto o sentise algo máis. A normalidade instálase pouco o pouco nos mercados, pero coa vista posta en mañá, cando a alerta laranxa volve ó mar das Rias Baixas.