25N: Unidos contra o terror machista

    RIBEIRA> Unha marea de actos inundou nesta xornada os concellos da Ría con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a  muller. En Ribeira o concello organizou obradoiros de Cultura Urbana, e os centros educativos celebraron diversas actividades, porque na loita pola igualdade, a educación debe ser o piar fundamental.

     

    Danza clásica, graffiti,parkour, a palabra, música…Hoxe calquera manifestación, artística ou institucional, tivo un único sentido, fulminar a violencia machista da nosa sociedade. É parte do manifesto que esta mañá leron os alumnos de segundo da ESO do IES Nümero 1 de Ribeira contra a violencia sexista. E así ata 54 nomes. 54 mulleres que foron asasinadas polo machismo en España no último ano, desde o 25 de novembro de 2015. A última, onte mesmo. E todas foron lembradas por estes alumnos. Un pano e un crespón negro, por cada vida arrebatada. A solución a esta eiva,  é complexa, pero eles teñen moito que dicir. Mentras, na praza do concello ribeirense, o manifesto institucional e festival urbano.  Obradoiros de Grafitti, DJ, parkour, rap ou beatbox, para lanzar unha mensaxe reivindicativa en contra da violencia machista. Pero non queremos marchar, sen a nosa receita do amor san.  leccións de igualdade atopamos tamén moitas veces na música, como a da cantautora ribeirense Cris Román que despediu o acto de hoxe dos alumnos ribeirenses. Aínda que a música moitas veces non consiga amansar ás feras, é un bo método para axitar as nosas conciencias.