O Náutico de Portosín organizará o Campionato de España de Cruceiros

    PORTO DO SON> A competición terá lugar a fin de semana do 22 e 23 de agosto e dela sairán os tres representantes galegos que tomarán parte na gran final que se celebrará en Valencia no mes de outubro. As augas da ría de Muros-Noia, acollerán a fin de semana do 22 e 23 de agosto o Campionato de España de Cruceros ORC – I Trofeo Pitusa Sabín. A regata, que estará organizada polo Real Club Náutico de Portosín, celebrarase en dúas xornadas, contemplándose o desenvolvemento de probas de percorrido costeiro así como trazados técnicos entre boias, tipo barlovento-sotavento. Desta regata sairán as tres embarcacións que representarán a Galicia na gran final que se celebrará en Valencia no mes de outubro, xa que por decisión da Real Federación Española de Vela, serán tres os finalistas por cada unha das zonas establecida sen todo o ámbito nacional. Para máis información sobre o campionato, así como a reserva das prazas de amarre, que serán gratuítas antes, durante e despois da competición para os veleiros participantes, os interesados poden consultar a páxina web do nautico sonense: www.rcnportosin.com.