O polígono de Espiñeira contará cun novidoso sistema de videovixilancia

    BOIRO> A actuación será posible grazas a unha subvención da consellería de Economía e Industria, a través de fondos FEDER. O concello deberá aportar o 20% do total do investimento. A falla de financiamento impediu acometer con anterioridade unha mellora integral do parque empresarial de Espiñeira, tal e como demandaban os empresarios e usuarios do polígono. Varias eran as eivas detectadas: a falla de seguridade e a mellora das telecomunicacións, así como a accesibilidade ó parque empresarial. Problemas que agora poderán verse solucionados grazas a unha orde de axudas encamiñadas á mellora das infraestruturas empresariais procedentes de fondos Feder por un importe de 240 mil euros á que vén de acceder o concello. Unha das primeiras actuacións irá destinada precisamente á instalación de cámaras de videovixilancia en todo o polígono e a mellora das canalización de fibra óptica. Tamén se actuará na mellora da accesibilidade o polígono coa ampliación das actuais beirarrúas, a instalación de novas luminarias, a creación de máis prazas de estacionamento ou o soterramento do cableado aéreo. Segundo o propo alcalde trátase dunha actuación que virá a mellorar significativamente o parque empresarial boirense, facéndoo máis atractivo e seguro, de cara ó asentamento de novas empresas. A actuación segundo el vai acometerse de inmediato, xa que deberá estar rematada antes de que finalice o ano.