As praias barbanzás rexistraron poucas incidencias en relación co pasado verán

    socorristas_100_040906.jpgBARBANZA > O operativo de vixilancia nas praias do Plan Sapraga vén de chegar á súa fin cun balance moi positivo na comarca do Barbanza. Segundo o coordinador de socorristas de Ribeira o número de intervencións viuse reducido considerablemente con respecto ó pasado ano aínda que os areais do Vilar e A Ladeira seguen rexistrar o maior índice de rescates.

    Coa chegada do mes de setembro, as praias barbanzás rexistran cada vez unha menor afluencia de visitantes. Os servizos de socorrismo postos en marcha a través do Plan Sapraga chegaron deixaron de estar operativos dende primeiros der mes. Sen embargo, a maior parte dos areis seguirán a contar cun operativo de vixilancia, especialmente durante a fin de semana, desenvolvido por voluntarios de Protección Civil. Segundo informou o coordinador do servizo en Ribeira, as intervencións realizadas este verán reducíronse notablemente con respecto ó pasado ano. A maior parte das actuacións consisten en atención a pequenas feridas ou picaduras- menos frecuentes son os rescates na auga aínda que hai dous areais especialmente perigosos que rexistran este tipo de intervencións con maior asiduidade.praiavilar_200_040906.jpg

    En total, son trinta e seis socorristas os que conforman o operativo de salvamento en Ribeira repartidos en oito praias. Durante os meses de xullo e agosto , o horario do servizo é de doce da mañá ata as oito da tarde. No vilar e na Ladeira a vixilancia amplíase en dús horas, de once a nove, debido ás características destes areias de mar aberto que os converten nuns dos puntos máis perigosos de toda Galicia.

    Redacción Barbanza