Rianxo denuncia trato discriminatorio pola autorización dos permex para a vieira

RIANXO> Dende o pósito rianxeiro acúsase á consellería do Mar de beneficiar ós barcos de Cambados na solicitude de permisos temporais para a extracción desta especie.

Así de rotundo se mostrou o patrón maior rianxeiro, Miguel Ángel Iglesias, ó coñecer os permisos temporais que a consellería do Mar lle outorgou á confraría de Cambados para a comercialización da vieira.

Segundo Iglesias en anos anteriores houbo varios barcos de Rianxo que solicitaron permisos para esta especie e lle foron denegados.

O enfado vai a máis se cabe, ó ver que na listaxe dos barcos autorizados, hainos que superan os cincuenta cabalos, algo que, segundo o patrón maior rianxeiro, incluso incumpre a normativa.

Dende Rianxo xa anuncian que levarán o tema ós tribunais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí