Ribeira inviste preto de 90 mil euros na pavimentación da Rúa dos Curros en Castiñeiras

RIBEIRA> O concello de Ribeira está a acometer a pavimentación da Rúa dos Curros en Castiñeiras, un proxecto de preto de 90 mil euros enmarcado no Plan de Obras e Servizos da Deputación. As obras, que estarán rematadas ó longo desta semana, veñen de satisfacer unha vella demanda veciñal ante o mal estado que presentaba o firme.

O alcalde de Ribeira visitou esta mañá as obras de pavimentación da Rúa dos Curros e dous ramais adxacentes en Castiñeiras. O concello inviste preto de 90 mil euros nesta actuación tan demandada polos veciños posto que a última pavimentación do firme realizouse hai máis de dúas décadas.

Entre eles, o recentemente inaugurado paseo dos Mosqueiros ou a remodelación do litoral de Ameixida, que dará comezo en abril. O importe total destas actuacións ascende o medio millón de euros.