Soraya encabeza o cartel das festas de San Bartolomeu

    NOIA> A unha semana do inicio das festas de San Bartolomeu, o concello xa ten ultimado o programa de actividades. Dende o 21 ó 26 de agosto, a vila converterase nun fervedoiro de música, espectáculos e actividades para tódolos públicos. A actuación da cantante Soraya constitúe un dos principais reclamos das celebracións. O 21 de agosto arrancarán en Noia as festas de San Bartolomeu. Seis de celebracións nos que a música cobrará especial protagonismo. Ademais da actuación estelar da cantante Soraya, o venres pola noite, pasarán pola vila noiesa as máis destacadas orquestras. Un cartel no que non pode faltar a París de Noia, O encargado de inaugurar as celebracións será o acto e polifacético artista noiés, Ricado Barreiro, que dará lectura ó pregón o venres á unha da tarde. Durante tódalas xornadas haberá actividades para nenos sen esquecer tampouco citas e eventos xa tradicionais nestas festas patronais. A praza do Tapal será outro dos epicentros das festas con concertos de rock como o tributo a AC-DC e a actuación de bandas locais.