RIBEIRA> Ribeira celebrou este mediodía o acto central da Semana de Rosalía. O alcalde e o presidente da Fundación Rosalía de Castro plantaron nas inmediacións da Casa da Mocidade unha figueira procedente da Casa da Matanza.
Escolares de diversos centros educativos de Ribeira participaron esta mañá no acto en lembranza de Rosalía de Castro celebrado ó carón da casa da Xuventude. Alí asistiron á plantación dunha figueira que simboliza a unión entre a Casa de Rosalía e o pobo de Ribeira.
O alcalde destacou a importancia de reivindicar a figura de Rosalía como referente na defensa da fala, nun momento no que os datos amosan un notable descenso no uso do galego.
O acto rematou co descubrimento dunha placa conmemorativa en lembranza desta árbore e o que simboliza. Os asistentes despedíronse entoando o himno galego.











