Alumnos e obreiros conviven no CEIP de Olveira

    voltacolexioolveira100.jpgRIBEIRA> Máis da metade dos alumnos do colexio de Olveira volveron ás aulas despois da inundación que sufriu o centro pola rotura dunha tubaxe.

    {flowplayer}barbanza/voltacolexioolveira.flv{/flowplayer}

    Aínda que o colexio de Olveira non sufriu danos estruturais, a inundación ocasionou importantes perdas que impediron que a volta ás clases se desenvolvera con normalidade. Malia que os responsables da Consellería aseguraron que se retomarían as clases, o certo é que hoxe tan só a metade dos alumnos acudiron ó centro. Debido a que hai varias aulas inoperativas, os nenos agrupáronse por idades no espazo dispoñible e desenvolveron distintas actividades.

    Á espera dunha valoración estimativa dos danos, dende a dirección agardan volver á rutina nos próximos días, sempre e cando se repoña o material didáctico afectado, necesario para impartir as clases.

    Hoxe aínda traballaban no centro varios operarios para asegurar que non se produzan avarías no sistema eléctrico. Nos próximos días seguirán os traballos para poñer a punto as instalacións que, a pesar dos danos sufridos, non supoñen ningún risco para a seguridade dos usuarios.

    Redacción Barbanza