Vilagarcía recupera a normalidade tralos operativos especiais da Festa da Auga

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/17/operativo_limpeza_auga.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/17/operativo_limpeza_auga.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Balance positivo da Festa da Auga dende Ravella. O concello destaca que non se produciron incidencias de relevancia. No seu dispositivo especial, a Garda Civil de Tráfico realizou máis de 3.000 probas para detectar alcohol ou drogas nos condutores: 180 deron positivo. Pola súa banda, Protección Civil realizou 79 intervencións, 63 ámbito sanitario, sobre todo por intoxicacións etílicas ou de drogas. 

Vilagarcía amenceu hoxe recuperando a normalidade. A primeira hora da mañá os operarios do servizo de limpeza aínda recollían os restos da Festa da Auga 2015.

Calcúlase que a festa da noite do sábado e a de onte deixaron preto de 30 toneladas de lixo nas rúas.

Máis de 70 operarios fixeron que o operativo especial funcionara segundo o previsto. Tampouco houbo sustos no relativo á seguridade, con máis de 100 efectivos mobilizados.

Segundo os datos de Protección Civil, o servizo de Emerxencias do concello realizou 79 intervencións, 63 delas por cuestións sanitarias. Trinta intoxicacións por alcohol ou drogas, 16 cortes e 10 agresións foron os problemas máis numerosos que precisaron da súa atención. As horas máis conflitivas: entre as 3 e as 6 da madrugada.

Menos positivo foi o balance da Garda Civil. 189 condutores foron detectados onte ao volante despois de consumir alcohol ou drogas. No seu dispositivo especial Tráfico realizou máis de 3.000 controis, nos que 19 persoas deron positivo en drogas, cannabis e cocaína principalmente. Nos 170 restantes detectouse o consumo de alcohol, con nove casos que superaban a taxa de 0,60 miligramos por litro en aire respirado.