A penúltima proba do Campionato de Slalom Integrado recala en Portosín

    PORTO DO SON> Portosín acollerá este sábado a quinta proba do Campionato Galego de Montonáutica Slalom Integrado. Esta modalidade deportiva, consistente nuha serie d eprobas de habilidades a bordo dunha embarcación capitaneada por persoas con discapacide, conta cada vez con máis afeccionados na nosa comunidade. Habilidade e precisión. Estas son as dúas principais destrezas que deben reunir os participantes do campionato galego de motonáutica Slalom Integrado que este sábado recalará en Portosín. Nesa quinta proba do circuíto autonómico participarán doce equipos compostos por dúas persoas. O patrón da embarcación, con discpacidade, e outro tripulante, con discapacidade ou non, que deberá realizar as probas de habilidade. A clave está no tempo que estableza a organización para cada unha das probas: entre tres e cinco minutos. Trátase dunha competición moi inclusiva posto que o feito de utilizar embarcacións perfectamente adapatadas permite a participación de persoas cun alto grao de discapacidade. Por este motivo, o concello de Porto do Son seguirá apoiando esta iniciativa para que poida ter continuidade co obxectivo de lograr unha inserción real dos deportes náuticos. O marco incomparable que ofrece a ría é un motivo máis para achegarse a animar ós competidores que tomarán a saída ás dez e media da mañá dende o club náutico de Portosín.