O Obradoiro elixe Noia para a presentación da súa última fichaxe

NOIA> O Río Natura Monbus Obradoiro elixiu a tenda de electrodomésticos Cenor de Noia para a presentación da última fichaxe, Angelo Caloiaro. Trátase dun ala-pívot italoamericano de 2.05 metros de altura. O director do Obradoiro, José Luís Mateo, destacaou o feito de que o xogador, a pesar de ter propostas mellores doutros clubs que compiten en Eurocup, decantouse finalmente polo equipo santiagués. Das súas cualidades técnicas sinalou a súa efectividade e polivalencia, así como unha mobilidade que lle permite atacar moi ben o aro de cara. Pola súa banda Angelo Caloiaro mostrouse encantado de unirse ó barco obradoirista, desexando porse xa a traballar co resto de compañeiros de cara a preparar a próxima tempada.

Comments are closed.