RIBEIRA> A concellería de Servizos Sociais que dirixe Ana Barreiro vai destinar este ano uns 40 mil euros a axudas para comedor, libros e material escolar das familias do municipio.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, informou esta mañá da apertura do prazo de presentación de solicitudes para poder optar ás axudas para libros, material escolar e comedor. O Concello destina este ano a este fin uns 40 mil euros, unha cantidade semellante á de anos anteriores
A edil informou ademais que como novidade este ano, co ánimo de facilitar a tramitación, habilitaranse varias opcións á hora de presentar a documentación requirida. Ademais da web: www.ribeira.gal e do rexistro xeral, tamén poderá realizarse en Servizos Sociais.
O prazo para a presentación das solicitudes prolongarase ata o vindeiro 21 de setembro.