O BNG esixe o dereito da flota galega a pescar bocarte

GALICIA> O Bloque Nacionalista Galego, a través do seu deputado Daniel Rodas, vén de presentar unha proposición non de lei no Parlamento, que ten coma finalidade instar á Xunta de Galicia a reclamarlle ó Goberno Central a recuperación do dereito da flota do cerco galego a pescar bocarte. Na iniciativa, o deputado nacionalista fai alusión á modificación realizada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ó histórico reparto da anchoa na zona IXa, amparándose no compromiso de aproveitar a totalidade da cota, por parte da flota andaluza mentres o bocarte non volvía as nosas augas. Aínda así, segundo el, e a pesar da aparición de gran cantidade de bocarte nas nosas augas, como xa acontecera tamén o pasado ano, a flota galega segue sen poder pescalo, co agravante do peche da zona VIIIc.