A Asociación Ambar faise cun dos Premios de Boas Prácticas da Deputación da Coruña

BARBANZA> Nunha gala celebrada no IES Rosalía Mera da Coruña, que contou coa presenza de representantes de alomenos unhas cen entidades que traballan cos colectivos máis vulnerables da provincia, a Deputación entregou os galardóns da segunda edición dos Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais.

Uns galardóns que recaeron na Asociación Down Coruña; a Asociación Síndrome de Down teima de Ferrol; a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista TEA (Aspanaes) e na Asociación de persoas con Diversidade Funcional do Barbanza, Ambar. Neste caso pola súa traxectoria exemplar de apoio ás persoas con diversidade funcional desta comarca.

Completáronse os premios con dúas mencións honoríficas para a Asociación pro Personas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga), e para Asociación Integro de Persoas con Diversidade Funcional da Comarca de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, que este ano cumpriu o seu 30 aniversario.

Entre outras autoridades, o acto contou coa presenza do presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e a deputada responsable da área, Ana Lamas. Os dous destacaron a importancia e o papel deste tipo de entidades na nosa sociedade, agradecendo o seu traballo diario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí