GALICIA> Galicia encara a recta final deste 2025 como un ano de récord para o turismo. A falta dun mes para rematar un ano, todo apunta a que a comunidade medrará tanto en visitantes como en noites en establecementos turísticos. Avanzou aquí, nunha entrevista en Canal Rías Baixas o director de Turismo de Galicia. Xosé Manuel Merelles destacou tamén a aposta que se está a facer dende a Xunta pola desestacionalización do sector, así como a súa promoción internacional.
Se o 2024 foi bo, o 2025 pode ser aínda mellor. Para facérmonos unha idea, no primeiro semestre do ano contabilizábanse case tres millóns de visitantes, un 4,5% máis. E aínda cos datos de novembro sen pechar e co mes de decembro por diante, todo apunta a que o sector seguirá nesta liña ascendente. Así o avanzou nunha entrevista en Canal Rías Baixas o director de Turismo de Galicia.
Merelles descatou tamén os esforzos que está a facer a Xunta para incentivar a actividade turística nas tempadas baixas, como na que nos atopamos agora. Destacou o bo funcionamento do Outono Gastronómico ou o Bono Turístico.
Destacando tamén os datos do INE, que apuntan a un sector cada vez máis rendible: os hoteis e pensións ingresaron en Galicia ata outubro 406 millóns de euros.
E na recta final do ano, coa vista posta xa na Feira de Turismo Fitur, que se vai celebrar en xaneiro.
A entrevista completa pódese ver na canle de Youtube de Canal Rías Baixas.











