Boiro acollerá o 5 de setembro o Campionato Galego de BTT

BOIRO> Chega a Boiro a cuarta edición do Barbantia Roda que este ano convértese no Campionato Galego de Maratón. Catrocentos ciclistas participarán nesta proba que se compón de cen quilómetros pola serra do Barbanza. A dureza do itinerario pagará a pena pola beleza das vistas e paisaxes naturais ó seu paso. Nesta cuarta edición, esta maratón pola Serra do Barbanza dá o salto definitivo como proba de referencia grazas ó recoñecemento da Federación Galega de Ciclismo como campionato galego. A proba consta de cen quilómetros pola Serra do Barbanza, que deberán completar os catrocentos ciclistas que participarán na maratón, incluídos dous padriños de excepción. Ademais do patrocinador principal, Jealsa, a competición conta con numerosos colaboradores incluído o concello de Boiro que ve, neste campionato galego, a mellor forma de dar a coñecer o municipio a través do deporte.