Ravella intentará evitar a construción dun centro comercial na finca de Megasa

    VILAGARCÍA> Ravella buscará todas as ferramentas ao seu alcance para evitar a construción dun centro comercial na finca de Megasa. A cuestión volveu ao pleno grazas a unha moción do BNG, que foi aprobada cos votos a favor dos catro partidos da esquerda. Só o PP se posicionou en contra desta proposta.

     

    Zona Aberta volveu onte ao pleno de Vilagarcía. Na súa intervención, a presidenta procurou sumar apoios á causa pola que loita o pequeno comercio da vila: evitar a instalación dun centro comercial na finca de As Carolinas. Para Rocío Louzán, unha área deste tipo destruiría un sector fundamental da economía local, e desertizaría o centro urbano.

    Con argumentos semellantes se pronunciou o BNG. O grupo foi o que presentou a moción ao pleno, buscando o compromiso do concello para loitar contra este proxecto empregando todos os medios á súa disposición. Este argumento contou co apoio de toda a esquerda.

    Os nacionalistas tiveron que retirar da moción o primeiro punto, que instaba a Ravella e emitir informes negativos á Xunta. Sobre esta proposta, a secretaria advertiu de que vulneraría o ordenamento xurídico. 

    Varela insistiu tamén en que o goberno está a valorar as opcións que ten para paralizar o expediente, xa en trámite, e as consecuencias que podería traer esta decisión.

    A moción saíu adiante cos votos a favor de PSOE, Esquerda Unida, BNG e Somos Maioría, e coa oposición dos concelleiros do Partido Popular. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/28/pleno_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/28/pleno_vilagarcia.mp4{/flowplayer}