O PP, disposto a mobilizarse para defender os postos de traballo de ENCE

PONTEVEDRA> O Partido Popular está determinado a defender a continuidade de ENCE en Lourizán. En sé provincial, os deputados populares mantiveron un encontro co comité de empresa da pasteira e a Plataforma de apoio á industria na comarca de Pontevedra. Trala reunión, posicionáronse a favor da permanencia do complexo industrial na ría, do lado, aseguraron, dos postos de traballo.

 

Para o Partido Popular, a marcha de ENCE da ría de Pontevedra suporía un problema socioeconómico. A formación insistiu en que os seus intereses están na defensa dos postos de traballo: 400 directos e 4.000 indirectos dependen da pasteira.

Os populares criticaron á presidenta da Deputación por posicionarse en contra do complexo industrial. Moldes insistiu en que, de cumprir a lexislación medio ambiental, non deberían existir trabas á continuidade de ENCE en Lourizán.

Moldes asegurou que os populares se manterán nesta postura de defensa da factoría.

Tanto os traballadores de ENCE como os empresarios da Plataforma de apoio á industria na comarca celebraron este respaldo dos populares.

Os populares anunciaron tamén que levarán ao próximo pleno da Deputación unha moción para esixir que non se destrúan postos de traballo en Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/28/pp_reunion_ence.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/28/pp_reunion_ence.mp4{/flowplayer}