RIANXO> A cita sará mañá sábado no pavillón municipal a partir das once. Nela tomarán parte uns trescentos xadrecistas. Rianxo será novamente este sábado a capital do xadrez a nivel galego coa disputa da sétima edición do Torneo de Xadrez Concello de Rianxo. A cita deportiva, organizada polo Club Xadrez Rianxo, xa é hoxe en día un dos principais torneos de Galicia, a pesar da súa recente historia. Dende o executivo rianxeiro destacouse a importancia desta proba a que acoden xadrecistas de diferentes puntos da xeografía galega, así como doutras zonas de ámbito nacional e mesmo do estranxeiro. Incluído no circuito galego o torneo volverá a disputarse baixo o formato de partidas rápidas polo sistema suízo. Haberá tres categorías: afeccionados, promoción e absoluta. Están xa confirmada a presenza de varios mestres internacionais, entre os que se atopan Aleika Strikovic e david lariño, dous dos principais favoritos. Dende a organización do torneo quixeron agradecer a colaboración , tanto do concello de Rianxo como do resto de empresas e entidades patrocinadoras, xa que sen a súa axuda sería practicamente inviable poder celebrar este torneo.Na cita repartiranse uns tres mil euros en premios.
Inicio Deportes