O atleta Necho Fernández será homenaxeado na carreira popular da Pobra

POBRA> Ó redor de oitocentos corredores daranse cita na carreira popular da Pobra que se celebrará este domingo. Nesta sétima edición, ademais da homenaxe a Necho Fernández, converterase no primeiro memorial Jesús Huerta. A asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e o concello organizan, por sétimo ano, a carreira popular do concello que achegará ata a vila a máis de oitocentos corredores este domingo. Como vén sendo habitual, cada edición homenaxea a un deportista da comarca. Neste ano, o afortunado será o atleta Necho Fernández. A saída será ás once menos cuarto da mañá nos xardíns Valle-Inclán con meta na praza segundo Durán. Haberá distintas distancias en función das categorías. Os cinco primeiros clasificados recibirán premios en metálicos de trinta a cento cincuenta euros. Haberá trofeos ós tres primeiros corredores de cada categoría e medallas e camisetas para tódolos participantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/28/carreira_popular_pobra_2808151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/28/carreira_popular_pobra_280815.mp4{/flowplayer}