Ó Sanxenxo só lle vale gañar en Betanzos

SALNÉS> Os de Calucho mídense a un rival directo pola permanencia mentres que o Vilalonga recibe en San Pedro ó Cerceda.

O Vilalonga afronta o último partido da primeira volta ante un gran rival. Despois do Cerceda, ós de Gabi Leis quedaranlle escollos máis salvables ata a xornada 19. O obxectivo é manterse na zona morna da táboa e para iso deberían rascar algo ante un rival de sobrada calidade pero que despois dun inicio arrollador, nas últimas semanas estase a amosar moito máis irregular.

Os celetes recuperan para a cita a Miguel Vázquez, mentres que Nelo e Machu son dúbida. Nando perde no Cerceda a Marcos Caridad.

Importante partido para o Sanxenxo, sobre todo no aspecto psicolóxico, porque este domingo enfróntase ó equipo que lle precede na clasificación, un Betanzos que conta cun punto máis que os amarelos. Calucho sabe da importancia do encontro e concienciou ós seus esta semana para tratar de sumar a segunda victoria do ano. A melloría debe reflectirse sobre todo na parcela defensiva, xa que o Sanxenxo pasa por ser arestora o equipo que máis goles encaixa da Terceira. Tampouco é que o Betanzos chegue mellor á cita, xa que leva oito xornadas sen gañar.

O problema para Calucho serán as baixas. Por unha banda a dúbida de Vladimir na portería, por un problema muscular. Todo fai indicar que Velay será da partida. Mentres, ás baixas de Deivi e Cidrás por lesión, uníuse esta semana a de Fernando Aguín, que cunha rotura no escafoides non voltará a xogar ata xaneiro.

Redacción Salnés