O Est. Otero arrolla ó Gigia TM e xa é terceiro na xeral

SALNÉS> O Establecimientos Otero acadou esta pasada fin de semana unha cómoda victoria ante o Gigia, por 5-1. Os cambadeses volven á parte alta da xeral con tres triunfos en catro encontros disputados.

Cumpríu cos pronósticos o Establecimientos Otero que esta fin de semana recibía en San Tomé a un dos conxuntos máis frouxos da súa categoría. Os cambadeses non deron opción ó seu rival ó que endosaron un contundente 5-1. Kazeem Ahmed gañou os seus dous partidos con autoridade, por 3-0, Adrián Vidal fixo o propio por 3-1 e 3-0, mentres que Fernando Padín, despois de gañar no primeiro envite deixouse sorprender no derradeiro choque, cando todo estaba xa decidido.

Este triunfo ante o Gigia colócalles na terceira posición da xeral con tres victorias en catro partidos. A semana que ven deberán visitar ó Torrelavega que de momento suma tamén tres victorias, aínda que os cántabros, cun partido menos disputado, non saben o que é perder.

Os mesmos guarismos suma o Liceo Casino de Vilagarcía, situado na segunda posición deste grupo primeiro da Primeira Nacional Masculina. Esta semana tocoulles descansar. Xogarán a que ven, en casa ante un rival a priori cómodo como o Club del Mar Promesas.

Na Segunda Nacional o Grupo Barros acadou unha importante e sufrida victoria ante o Vincios por 3-4. Enfronte estaba un rival directo na loita pola fase de ascenso e os cambadeses, liderados por Ñajo Padín, sumaron un excelente triunfo. Non puido facer o mesmo o Joyería Enrique que caeu ante o Helios Bembrive por un contundente 6-0.

Nas ligas autonómicas, en Primeira Galega o Chinelas impúxose a domicilio ó Mercantil de Vigo por 2-5, mentres que en Segunda o Charol Complementos fixo o propio co Vincios ó que superou por 3-4.

Redacción Salnés