Primeiro título autonómico para o Club Triatlón Boiro

BOIRO> O Club vén de proclamarse en Vedra Campión Galego de Duatlón en categoría absoluta.

Oalcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, recibía hai uns días no Concello ós integrantes do Club Triatlón Boiro despois de proclamarse, en Vedra, Campións Galegos de Duatlón en categoría absoluta. O Club, de recente creación, aproveitou tamén este acto para presentar a nova equipación coa que competirá este ano e cuxo principal patrocinador é o propio Concello. No apartado técnico, o equipo conta coa experiencia de Juan Carlos Brión, e entre os atletas que forman parte del, figura xente de gran nivel nesta modalidade deportiva, como é o caso de Martín Carrera e Carlos Brión, quinto e sexto clasificados respectivamente no Campionato de España de élite celebrado o pasado ano na Coruña.

Dende o Concello existe unha aposta decidida por este deporte, cunha importante dotación económica, para facilitar a posta en marcha do Club e construir una base sólida, que nun prazo breve de tempo poida competir a nivel nacional.