Xubilados de Ribeira denuncian o cobro abusivo de taxas portuarias

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/01/denuncia_xubilados_taxas_portos_0109151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/01/denuncia_xubilados_taxas_portos_010915.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Mariñeiros xubilados de Ribeira denuncian o abusivo cobro de taxas por parte de Portos. No último trimestre tiveron que facer fronte a unha importante suba a pesar do compromiso de redución nun corenta por cento por parte do ente autonómico. A pesar do compromiso de bonificación nun corenta por cento, os xubilados titulares de embarcacións de sétima lista con amarre no porto de Ribeira denuncia todo o contrario. En lugar de baixar, a taxa ten subido exponencialmente ó longo do ano no que xa levan pagado preto de douscentos euros. O máis grave non é, sen embargo, o elevado prezo das taxas senón a carencia total de servizos. Nos recibos emitidos por Portos figuran cargos en concepto de auga, luz ou vixilancia cando os pantaláns non contan con ningún deles. Polo momento, xa presentaron as pertinentes reclamacións nas oficinas portuarias de Ribeira para lograr a redución da cota trimestral e conseguir unha mellora nos servizos e na limpeza do porto.