Varela pide a Vilanova que respecte ós servizos técnicos de Vilagarcía

    VILAGARCÍA>

     

    O alcalde de Vilagarcía agradece o interese de Vilanova por que se cumpra coa legalidade en relación á posible instalación dun comercial nos antigos terreos de Megasa, pero tamén lle pide respecto para o traballo dos servizos técnicos do concello. Alberto Varela responde así ás declaracións do alcalde de Vilanova, que onte denunciaba a ilegalidade dos trámites urbanísticos realizados. Segundo Varela, todo se explica precisamente porque nestes concellos a regulación urbanística é diferente.

     

     

    O alcalde de Vilagarcía Alberto Varela prefire manter a cautela e non valorar o informe emitido polo concello de Vilanova sobre o proxecto de Megasa ata que o teña nas súas mans. Esta mañá aínda non o recibira. Pero si avanzou unha resposta ás declaracións realizadas onte polo alcalde de Vilanova, nas que denunciaba varias ilegalidades nos trámites. A máis grave, o procedemento de calificación dos terreos. Segundo o rexedor vilagarcián, non procede comparar o procedemento que se seguiu para o centro comercial de Vilanova, co que se realizou en Megasa, porque as condicións urbanísticas nun e outro concello difiren.

     

    Total

     

    Varela pide tamén ó alcalde de Vilanova respecto para o traballo dos servizos técnicos do concello de Vilagarcía, igual que eles respectan o contido do informe elaborado polos de Vilanova.

     

    Total

     

    Conclúe Varela que o goberno de Vilagarcía é o primeiro interesado en que a Xunta de Galicia valore a viabilidade ou non do proxecto de Megasa, e que o plan non vaia adiante, xa que segundo Varela, un centro comercial non concorda co proxecto de cidade que ten o seu goberno.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/08/ALBERTOVARELAMEGASA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/08/VARELA_RESPONDE_DURAN.mp4{/flowplayer}