Silva insiste nas melloras do seu plan de emprego e o PP critica que só dure dous meses

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra continúa preparando o seu primeiro plan de emprego. A iniciativa beneficiará a 1.550 desempregados da provincia que gozarán das melloras en horarios e salarios que xa adiantou a presidenta. Nun principio, o plan durará unicamente os meses de novembro e decembro, aínda que Carmela Silva xa anunciou a súa intención de convocar un no 2016 que manteña estas melloras. Precisamente a escasa duración do programa concentra as críticas do Partido Popular, que xa o bautizou como “Plan Carmelita”.

 

1550 desempregados da provincia poderán beneficiarse do primeiro plan de emprego que porá en marcha o novo goberno da Deputación de Pontevedra. Traballarán nos concellos, que poderán optar a un número determinado de traballadores en función dos seus habitantes. Carmela Silva volveu destacar as melloras incluídas neste plan.

Nun principio, o plan durará unicamente os meses de novembro e decembro, aínda que a presidenta asegurou que xa se está a traballar noutro para o 2016 que inclúa as mesmas condicións. Incluso estudan prorrogar o plan para os beneficiarios que comecen este ano.

Precisamente, que o plan dure dous meses é o aspecto máis criticado polo Partido Popular. O deputado Ángel Moldes recordou que o programa do anterior goberno duraba seis.

Moldes tamén cualificou de prepotente a actitude de Silva. A presidenta afirmou que o soldo que cobraban os beneficiarios do anterior plan era miserable.

Está previsto que o novo plan se aprobe no pleno do 25 de setembro.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/17/xunta_goberno_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/17/xunta_goberno_deputacion.mp4{/flowplayer}