A DXT inicia unha campaña para protexer aos colectivos máis vulnerables nas estradas

BARRO> A DXT rexistra máis de 1000 accidentes no que vai do 2022. Entre eles, déronse un total de 3 vítimas mortais. Para reducir estes números, a dirección xeral de tráfico comezou campañas  de prevención. Esta mañá en Barro dotouse de chalecos aos peregrinos e transeúntes.

A pesar das numerosas campañas de prevención e concienciación realizadas, as cifras de accidentes continúan sendo moi altas. No que vai de 2022 na provincia de Pontevedra tiveron lugar máis de 1000 colisión con 3 vítimas mortais.

Para reducir estas cifras, a dirección xeral de tráfico continúa realizando iniciativas de prevención e concienciación. Unha delas comezou esta mañá en Barro, cunha campaña de reparto de chalecos aos colectivos máis vulnerables das estradas: peóns, ciclistas e motoristas.

Os peregrinos agradeceron este agasallo que lles vai a permitir camiñar máis seguros, especialmente naqueles puntos máis perigosos.

Son moi poucos os accidentes que teñen lugar no camiño de Santiago. A DXT ten localizados os puntos máis conflitivos e traballa para eliminar a perigosidade.

En total foron entre 10 e 12 os tramos do camiño que se melloraron, e a DXT xunto coas administracións continúan traballando para reforzas os chamados puntos vulnerables. A campaña realizada en Barro foi un éxito debido a gran cantidade de peregrinos que transcorreron pola zona, permitindo que continuasen o seu camiño con máis seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí