Queixas en Barro polo incumprimento dos horarios no transporte público

BARRO> En Barro, hai queixas polo mal funcionamento do transporte público. Os usuarios quéixanse de que o servizo que enlaza a localidade con Pontevedra non respecta os seus horarios. Ás veces pasa antes da súa hora e noutras ocasións con moito retraso.  Un problema que afecta en especial ao bus de primeira hora da mañá, empregado por moitos veciños para ir traballar, ao instituto ou á universidade. O alcalde de Barro mandou hoxe mesmo un escrito á Xunta para que esixa a Mombus que cumpra cos horarios.

Os usuarios da liña de autobús que atravesa Barro pola N550 quéixanse da mala calidade do servizo. Os viaxeiros denuncian que non se están a respecta-los os horarios, en especial a primeira hora da mañá. Un problema que xa trasladaron ao concello.

Porque polo xeral son empregados ou estudantes que se dirixen a Pontevedra os que empregan o autobús das 8 da mañá. O alcalde di comparti-las súas queixas porque -entende- os usuarios deben te-la garantía de que o servizo será prestado á hora prevista e que chegarán a tempo ao seu destino.

O alcalde comprometeuse cos veciños afectados a enviar un escrito á Xunta para corrixir estas deficiencias. Unha queixa que foi remitida hoxe mesmo ao goberno galego.

Agora, polo tanto, é a Xunta a que lle ten que remiti-la queixa a Mombus, que é a empresa concesionaria da liña, para que a corrixa canto antes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí